Historia

Nenos de Ucraina e Galicia

Na primavera do 2017, despois dunha busca de organizacións  resolvemos acoller ese verán dous irmáns, un neno de 6 e unha nena de 12. Tres meses intensos,dende o 1 de xuño ata o 30 de agosto, nos que aprendemos o que era unha acollida temporal. Paralelamente á acollida resolvemos xunto coa presidenta da ONG e a xunta directiva, a creación da delegación en Galicia.

Obxectivo que levamos a cabo e xa no programa Nadal 2017 que comenzaba o 16 de decembro e remataba o 20 de xaneiro de 2018, no que con moitos esforzos, dúbidas e moito papeleo, conseguimos animar a cinco familias máis, co que entre as seis familias trouxemos 9 nenos e nenas a pasar este Nadal connosco


NADAL 2017          
Viaxe 14-22 Abril 2018